Frogtoon Música

Golpe Final by Mencer Vermello

Biografia do Artista para Mencer Vermello

Mencer Vermello Nace No Ano 2004 En Ferrol Galiza Cando Catro Traballadores Decidimos Xuntarnos E Formar Un Grupo De Música. Ao Comezo Tiñamos Claro Dúas Cousas Unha Era Que Queríamos Ser Un Grupo Comprometido Coa Realidade Social Na Que Nos Tocara Vivir E Outra Era Facer A Música Que A Todos Nos Gustaba E Escoitabamos O Punk O Oi E O Ska. Influenciados Polo Carreiro Deixado Por Grupos Como Xenreira Ou Kortatu Puxémonos Mans A Obra E Bautizamos Ao Grupo Co Nome De Guerra De Mencer Vermello. Rápidamente Puxémonos A Compoñer E Sacar Algunha Versión Ou Adaptación Á “galega”. Tras Longos Meses De Ensaios Damos O Salto Aos Cenarios Cun Primeiro Concerto Bastante Satisfactorio Ao Cal Lle Seguirían Outros Concertos Repartidos Pola Xeografía Galega Nos Que Pouco A Pouco Fumos Avanzando E Madurando Tanto A Nivel Musical Coma Nas Nosa Letras. Desde O Principio Definimos A Nosa Música Como Rock Proletario Galego E Hoxendía Formamos Parte Do Rock Proletario Internacional Canle De Expresión A Nivel Internacional Das Ideas Englobadas Dentro Desta Corrente Cultural. E Facemos Nosas As Súas Ideas. As Nosas Composicións Son Monolinguisticas. A Nivel De Grupo Considerabamos Que O Galego É O Veículo Perfecto No Que Realizar A Nosa Música. Sempre O Tivemos Claro Tiñamos Que Afastar A Idea Xeralizada De Que Só Os Grupos De Música Tradicional Cantaban En Galego Tamen Outras Músicas Tiñan Que Soar Na Nosa Lingua. Para Nos É Posible Aqui E Agora Facer Música Nacionalista De Esquerdas Galega E En Galego. No Ano 2006 Sacamos A Rúa Unha Demo En Directo De Cinco Temas Gravada En Decembro De 2005 En Santiago DC Nun Concerto A Prol Da Selección Galega De Fútbol. Ademais Grazas A Esta Gravación Formamos Parte Dun Recopilatorio Editado Por Siareiros Galegos. A Partir De Ahí Comezamos A Tocar Con Máis Asiduedade E En Distintos Lugares Incluso Fóra Da Patria Como En Orereta Guadalajara Ou Madrid. En Abril De 2008 Publicamos O Noso Primeiro Traballo KPACHbIN PACCBET. Gravado Nos Estudios Treboada Da Coruña A Finais De 2007 Por Paco Liaño E Posteriormente Publicado Por Mai Morirem E Redstar73 Records. Dez Temas Con Moita Rabia E Forza.

50 Faixas semelhantes:

INÍCIO MENCER VERMELLO
POPULARES FAIXAS MIXES ÁLBUNS
Video 1 : 50